Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024
Imaxe
    Este e o documento máis antigo do que dispoño so a imaxe xa que o orixinal está en mans dunha descendente da que, de momento, non teño autorización para difundir o nome da sua persoa.     Trátase como se ve, dun regulamento nº 3 do servizo de Via e Obras, Brigada de Vixiancia e Conservación da vía, do ano 1915. Un instrumento inicial da vida ferroviaria do orixe da saga que irei comentando, dos inicios de Grandal Grandal, quen eu considero o fundador.  
        FERROVIARIOS GALEGOS.  Caros ferroviarios, familiares, amigos, ex-compañeiros:        Hoxe vou dar comezo a un traballo que versará, única e exclusivamente, sobre temática ferroviaria levada, sobre todo o meu ámbito familiar e de coleccionista, tamén incluirei paulatinamente lembranzas e anédotas, propias e de terceiros. Non en van son, coma quen dí, parte dunha saga ferroviaria que deu comezo aló polo primeiro terzo do século XX, fai cen anos, co meu padriño, que seguiu co meu pai, comigo mesmo, agora cos meus fillos e coas miñas noras, e outros moitos dos que falarei no seu intre.      Pretendo con elo, divertirme, pasar o meu tempo de xubilado, pero sobre todo, sacar do esquecemento xentes e cousas, xentes que existiron e cousas que se utilizaron nun tempo que xa non voltará, por iso mesmo, porque non voltará, debemos lembralo con cariño e agradecemento para as xeracións futuras.      Agradecerei ...