FERROVIARIOS GALEGOS.


 Caros ferroviarios, familiares, amigos, ex-compañeiros:

     Hoxe vou dar comezo a un traballo que versará, única e exclusivamente, sobre temática ferroviaria levada, sobre todo o meu ámbito familiar e de coleccionista, tamén incluirei paulatinamente lembranzas e anédotas, propias e de terceiros. Non en van son, coma quen dí, parte dunha saga ferroviaria que deu comezo aló polo primeiro terzo do século XX, fai cen anos, co meu padriño, que seguiu co meu pai, comigo mesmo, agora cos meus fillos e coas miñas noras, e outros moitos dos que falarei no seu intre.

    Pretendo con elo, divertirme, pasar o meu tempo de xubilado, pero sobre todo, sacar do esquecemento xentes e cousas, xentes que existiron e cousas que se utilizaron nun tempo que xa non voltará, por iso mesmo, porque non voltará, debemos lembralo con cariño e agradecemento para as xeracións futuras.

    Agradecerei dende xá, tódalas colaboracións e aportacións que queiran enriquecer este traballo. Non obstante, reservareime para elo o dereito de admitir, ou non, o material ou comentarios que se fagan.

Comentarios

Publicacións populares deste blog